Rede Española de Cidades polo Clima - Aviso Legal

Selección de linguas

Castellano | Català | Euskera | Galego | Valencià | English | Deutsch | Français

Acceso á intranet

Selección de tamaño de pantalla:

A
A
A

Esta función só se emprega en navegadores que soporten CSS e serve para modificar a dimensión da pantalla.

Se vostede o desexa pode modificar a dimensión da pantalla manualmente:

En Explorer:   Menú Ver - Tamaño do texto - "Tamaño desexado"
En Firefox:     Menú Ver - Tamaño do texto - "Opción desexada"



Rede Española de Cidades polo Clima                      Logotipo da Femp con ligazón ao sitio Obter Flash Player dende Macromedia Femp



Buscador

 
 


Contido

Estás en : Inicio > Aviso Legal

Aviso Legal

Aviso Legal

Aviso Legal


INFORMACIÓN XERAL EN CUMPRIMENTO DA LEI DE SERVIZOS DA SOCIEDADE DA INFORMACIÓN E DE COMERCIO ELECTRÓNICO (LSSICE), LEI 34/2002 DE 12 DE OUTUBRO
 
TITULARIDADE DO SITIO WEB
 
Titular: Federación Española de Municipios y Provincias (FEMP)
Domicilio social: C/ Nuncio 8, 28005 Madrid
Tfno.: 34 91 364 37 00
Fax: 34 91 365 54 82
C.I.F.: G 28 78 39 91
 
CONDICIÓNS XERAIS DE UTILIZACIÓN
 
1. LIMITACIÓNS DE USO
 
O acceso a este portal ten carácter gratuíto e a súa visualización non require previa subscrición a rexistro ningún.
 
Os usuarios deberán utilizar a información contida neste portal en cumprimento da lexislación aplicable en cada caso, respectando os dereitos de propiedade intelectual da FEMP ou terceiros.
 
O usuario non realizará a través dos servizos que pon ao seu dispor a FEMP ningunha acción que cause dano ou alteracións dos contidos, nin obstaculizará o bo funcionamento do sitio web, non causando problemas técnicos de ningunha índole, non transferindo elementos susceptibles de portar virus informáticos ou de danar, interferir ou interceptar total ou parcialmente a presente web, así como a non intervir ou alterar o correo electrónico doutros usuarios.
 
En ningún caso a FEMP será responsable do uso inadecuado deste portal ou dos seus contidos, ou das consecuencias que este uso poida orixinar.
 
2. LIMITACIÓN DE RESPONSABILIDADE
 
A FEMP non garante que as súas páxinas se atopen operativas, nin que os seus contidos sexan completos, exactos ou fiables en todo momento. A FEMP resérvase o dereito a modificar en calquera momento, sen previo aviso, os contidos deste sitio web e as Condicións Xerais de Acceso.
 
En caso de efectuar operacións de mantemento, reparación, actualización ou mellora dos servizos, a FEMP ten dereito a suspender temporalmente e sen necesidade de aviso previo o acceso ao presente sitio web, así como a reservarse o dereito de prestación ou cancelación dos servizos, sen prexuízo do cal procurará poñelo en coñecemento dos usuarios, sempre que as circunstancias llo permitan.
 
Desta forma, exclúese calquera responsabilidade polos danos e prexuízos de calquera natureza que poidan derivarse da falta de dispoñibilidade ou de continuidade do funcionamento do sitio web e dos seus servizos e a utilidade que os usuarios tivesen podido atribuír ao presente sitio web.
 
3. OUTRAS CONDICIÓNS
 
As presentes Condicións Xerais de Utilización e tódalas relacións que se establezan entre o usuario e a FEMP rexeranse pola lexislación española.
 
A utilización do sitio web implica a aceptación das anteriores Condicións Xerais de Utilización.